miércoles, 11 de junio de 2014

Conserxe da sede do PP en Coristanco promovido a alcalde de Santiago de Compostela

12.00 SANTIAGO (AGP)

"A min dixéronme que era para unha mariscada do Legado do Tibu"

Estas foron as primeiras declaración do ex-conserxe da sede do PP no concello de Coristanco, cando soubo á súa chegada á capital de Galicia, na mañá do día de hoxe, que fora proposto como próximo alcalde da cidade xacobea. A canda el, completan a DKV fletada ás 9.00 h en Bergantiños os seareiros dunha partida de tute a mais os xubilados máis madrugadores (para copar as mesas de lectura de prensa) do teleclube máis próximo. Souberon da súa inclusión en bloque, vaia, en pleno no equipo de goberno pola prensa, concretamente cando a correspondente de AGP lles tiraba esta foto:
Novos edís do grupo municipal, a canda as súas señoras, que se apuntaron á excursión á última hora